Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15407

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (133/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Alicia Varela Tajese contra Limber Multiservicios, S.L., Salica Alimentos Congelados, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, rexistrado co número PO 133/2014, acordouse notificar parte dispositiva de decreto de desistencia do 30 de marzo de 2015 ditado no procedemento PO 133/2014 a Limber Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro:

Parte dispositiva:

Acordo ter por desistida a Alicia Varela Tajese da súa demanda e, unha vez firme esta resolución, arquivaranse os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Limber Multiservicios, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

A secretaria xudicial