Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15408

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (156/2014).

Procedemento ordinario 156/2014

Sobre ordinario

Demandante: Alicia Varela Tajes

Demandados: Salica Alimentos Congelados, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Limber Multiservicios, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 156/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alicia Varela Tajes contra Limber Multiservicios, sobre ordinario, se ditou decreto o 30.3.2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo ter por desistida a Alicia Varela Tajes da súa demanda e, unha vez firme esta resolución, arquivaranse os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limber Multiservicios, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado».

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2015

A secretaria xudicial