As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 50, do 13 de marzo de 2015:
– Prazas de persoal funcionario:
• 1 praza de técnico/a de xestión, encadrada na escala de Administración xeral, subescala xestión e integrada no grupo A, subgrupo A2, por promoción interna
• 1 praza de administrativo/a, encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa e integrada no grupo C, subgrupo C1, por promoción interna.
• 1 praza de oficial de vías e obras, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais e integrada no grupo C, subgrupo C2, por promoción interna.
Redondela, 16 de marzo de 2015
Javier Bas Corugeira
Alcalde