O Pleno da Corporación do 26 de febreiro de 2015 adoptou o acordo que a seguir se transcribe literalmente:
«1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM para a introdución de uso deportivo nos solos urbanos e urbanizables de natureza industrial.
2º. Someter o expediente a información pública por un prazo de dous meses mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, en dous dos xornais de maior difusión da provincia e no taboleiro de edictos do concello.
3º. Dar audiencia aos concellos limítrofes por un prazo de dez días hábiles para os efectos da presentación das alegacións e reclamacións que xulguen convenientes.
4º. Suspender o outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e derrubamento nos ámbitos da modificación puntual que poidan ser incompatibles coa ordenación urbanística obxecto de aprobación».
O que se fai público para o xeral coñecemento, para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que xulguen convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.
O Porriño, 5 de marzo de 2015
José Nelson Santos Argibay
Alcalde