O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria do 26 de febreiro de 2015, aprobou inicialmente a actualización do inventario municipal de bens inmobles de titularidade do Concello do Porriño, acordo que ten o seguinte contido literal:
«1º. Aprobar inicialmente a actualización do inventario municipal de bens inmobles de titularidade do Concello do Porriño.
2º. Requirir da empresa adxudicataria a tramitación da inscrición no Rexistro da Propiedade e no Catastro dos bens inmobles obxecto de actualización».
O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que xulguen convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente, polo que se somete o expediente a información pública por un prazo de trinta (30) días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos e páxina web do concello, para os efectos de que os interesados presenten as reclamacións e suxestións que se xulguen convenientes.
O Porriño, 3 de marzo de 2015
José Nelson Santos Argibay
Alcalde