No perfil do contratante publícanse íntegros o prego de condicións, o proxecto e a documentación complementaria para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra de acondicionamento e sinalización da ciclovía da ruta turístico-termal e da auga da eurorrexión transfronteiriza Chaves-Verín (treito Verín-Feces de Abaixo), termos municipais de Verín e Oímbra, no marco do proxecto Eurorrexión termal e da auga, integrado no Programa operativo de cooperación transfronteriza España-Portugal 2007-2013 (Poctep), cofinanciado nun 75 % con fondos Feder da Unión Europea, cun tipo de licitación de 684.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, no proxecto e na documentación complementaria á cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es . As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 48 perante o Servizo de Contratación.
Sen prexuízo de calquera outro recurso que se xulguen procedentes, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia da Deputación, no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).
Ourense, 6 de abril de 2015
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense