Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14929

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para un posto de encargado de mantemento de instalacións e escolas deportivas.

No Boletín Oficial da provincia nº 67, do 10 de abril de 2015, publicáronse as bases do proceso selectivo convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para cubrir un posto de traballo de encargado de mantemento de instalacións e escolas deportivas, do grupo C1, vacante no cadro de persoal laboral fixo, por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 10 de abril de 2015

P.D. (Resolución 29.5.2013; BOP do 31 de maio)
Begoña Estévez Bernárdez
Deputada delegada