1. Entidade adxudicadora: Fundación Deporte Galego.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: servizos.
Descrición do obxecto: contrato de xestión do complexo acuático de Monterrei para a campaña de verán 2015 (O Pereiro de Aguiar, Ourense).
Prazo de execución: tres meses desde a formalización do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento e forma de adxudicación: aberto con pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación.
Importe sen IVE: 57.638,33 euros.
IVE (21 %): 12.104,05 euros.
Importe total: 69.742,38 euros, IVE incluído.
5. Garantías.
Definitiva: ver número 6 do prego de condicións particulares.
6. Obtención da documentación: na sede da Fundación Deporte Galego, rúa Ourense, nº 6, 15781 Santiago de Compostela, ou nas seguintes páxinas web: www.contratosdegalicia.es e www.deporte.xunta.es . Teléfono: 881 99 98 40.
7. Presentación das ofertas.
Data límite de presentación: o prazo para a presentación das proposicións rematará o décimo quinto (15º) día natural posterior ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será ás 14.00 horas. No caso de que o último día for sábado ou inhábil, prorrogarase o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
Lugar de presentación: na sede da Fundación Deporte Galego. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 3.4º do prego de condicións particulares.
Documentación que hai que presentar: a estipulada no prego de condicións particulares.
Criterios de adxudicación: os que figuren no prego de condicións particulares.
8. Apertura das proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar na sala de xuntas da Fundación Deporte Galego, na data e na hora que serán anunciadas, con tres días hábiles de antelación aos da súa realización, no perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es e www.deporte.xunta.es
9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2015
P.D.
José Ramón Lete Lasa
Vicepresidente executivo da Fundación Deporte Galego