A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 24 de novembro de 2014, resolución pola que se impón unha quinta multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2006/127-0, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 22.10.2007, 1.10.2009, 1.3.2010, 28.9.2011, 6.8.2012 e 12.3.2013, nas cales se lles ordenaba a demolición dunha nave industrial, no lugar de Graveira-Casanova, no termo municipal de Coles, por resultar incompatible co ordenamento urbanístico vixente.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Maderas Cordeiro, S.A. e Maderas Rías Baixas, promotoras da dita construción, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.
Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación ás citadas, interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2015
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística