A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias, ditada pola Presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:
1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Augas de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://www.augasdegalicia.xunta.es
Tipo de contrato: obra.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.
Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total, con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.
2. Obxecto do contrato: obra.
Descrición: mellora do abastecemento de auga aos concellos de Cenlle, San Amaro e Punxín desde a estación de tratamento de auga potable de Razamonde. Cenlle, San Amaro e Punxín (Ourense).
Número de expediente: OH.232.808.
CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.
Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 124, do 2 de xullo de 2014.
Orzamento base de licitación: importe neto: 2.632.521,64 € euros. Importe total: 3.185.351,18 euros.
Data de adxudicación: 2 de marzo de 2015.
Importe de adxudicación: importe neto: 2.240.000 euros. Importe total: 2.710.400 euros.
Data de formalización do contrato: 3 de marzo de 2015.
Contratista: Petrolam A Veiga, S.L.
3. Cofinanciamento da Unión Europea.
A actuación referida no punto 2 anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución de auga potable. Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento, tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistemas de automatización e control. Unha maneira de facer Europa.
4. Outras informacións.
A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia