Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14525

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (903/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 903/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Areoso del Río contra Taberna Lizarrán Puerto Coruña sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto, e condeno a empresa Tabernas Lizarrán Puerto Coruña a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante, procedendo a aboarlle os salarios de tramitación desde a data de despedimento ata a notificación deste edicto a razón de 41,86 euros diarios, ou ao aboamento dunha indemnización de 10.077,8 euros.

Condeno, así mesmo, a empresa a aboarlle á demandante a cantidade que lle debe na data de despedimento de 1.370,58 euros como liquidación das cantidades debidas.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Taberna Lizarrán Puerto Coruña, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de marzo de 2015

A secretaria xudicial