Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (978/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de mobilidade xeográfica 978/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Goris Rodríguez contra Grupo Pazos Salud y Ocio, S.A. sobre mobilidade xeográfica e funcional, se ditou sentenza cuxa decisión di:

Que debo declarar e declaro inxustificada a modificación das condicións de traballo aplicada á parte demandante e o seu dereito a ser reposta nas súas anteriores condicións de traballo, e condeno a empresa demandada Grupo Pazos Salud y Ocio, S.L. a estar e pasar por esta resolución deixando sen efecto a modificación imposta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe formular recurso de suplicación.

Así por esta miña sentenza que pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma ao Grupo Pazos Salud y Ocio S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de marzo de 2015

A secretaria xudicial