Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14527

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (687/2014).

O secretario xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 687/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Miguélez Rodríguez contra a Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación (Fundefo), Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo as demandas que en materia de resolución de contrato e despedimento foron interpostas pola parte demandante contra a fundación demandada e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 8 de xullo de 2014 e ademais extinguida a relación laboral que os vinculaba na data de hoxe, e condeno a empresa demandada ao aboamento dunha indemnización de 2.108,64 euros.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola demandante contra a fundación demandada, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe a Patricia Miguélez Rodríguez a cantidade de 10.438,26 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Fundefo, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de marzo de 2015

O secretario xudicial