Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14528

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (886/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 886/2014 deste xulgado do social, seguido a instancia de José Gabriel Arostegui Martínez contra José Manuel Reugiero Castro, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto, e condeno a empresa José Manuel Regueiro Castro ao aboamento dunha indemnización de 2.035,14 euros.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa José Manuel Regueiro Castro, con CIF 32826079L (Mesón O Recanto), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de marzo de 2015

A secretaria xudicial