Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14529

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (113/2015).

Marina García de Evan, secretaria do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de David Couso Calvar contra Fondo de Garantía Salarial, Iniciativas Gastronómicas Agora, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 113/2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei da xurisdición social, citar a Iniciativas Gastronómicas Agora, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 8.10.2015, ás 10.25 e 10.30 horas, en planta, 1, sala 6, Edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, o que poderá facer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Iniciativas Gastronómicas Agora, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e para colocar no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 23 de marzo de 2015

A secretaria xudicial