Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14519

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (82/2013).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 82/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pico Lorenzo contra Promotora Rocanor, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que, estimando a demanda formulada por José Pico Lorenzo contra a empresa Rocanor, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 4.782,34 euros, que lle debe, así como 1.362,05 euros de xuros moratorios ata a presente sentenza.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 e 193 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Promotora Roncanor, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de marzo de 2015

O secretario xudicial