Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14532

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (885/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 885/2013 deste xulgado do social, seguido a instancia de Manuel López Longa contra Coremain, S.L.U., Coremain Caribe, S.L., Avagruma, S.L., Grupo Manancial, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, Centro Multiocio Brión, S.L., Omodis, S.L., Galicia Hospital Services, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Parte dispositiva

Dispoño: apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados no antecedente de feito segundo desta resolución.

Considerar que desistiu a parte demandante da demanda presentada fronte a Centro Multiocio Brión, S.L., Avagruma, S.L., Grupo Manancial, S.L., Galicia Hospital Services, S.L., Coremain, Caribe, S.L. e Omodis, S.L.

Arquívense as actuacións.

Líbrese a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o orixinal ao libro da súa razón.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Omodis, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

A secretaria xudicial