Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a licitación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a subministración e instalación de tres unidades remotas de análise e monitorización dos sinais de difusión de radio e televisión en V-UHF, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (80 % de cofinanciamento), eixe 1, tema prioritario 10 (expediente 3-2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios da Presidencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Teléfono/s: 981 54 43 81/981 54 58 74.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación de 3 unidades remotas telexestionadas, para a análise e monitorización das sinais de difusión de radio, en banda II da VHF, e televisión dixital na banda IV e V de UHF.

b) Prazo de execución: 2 meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación e procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 22.425,57 €, máis 4.709,37 € en concepto de IVE, o que supón un total de 27.134,94 €.

5. Garantías: provisional (non)/definitiva si (o 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG (ás 14.00 horas).

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares e nas follas de especificacións técnicas.

c) Lugar de presentación:

• Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

• Por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro (fax 981 54 12 89).

7. Obtención da documentación e da información.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no enderezo da internet http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22415 , así como nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Apertura de proposicións.

Anunciarase no perfil de contratante a convocatoria das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación.

Os sinalados no punto 10 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. O importe do anuncio relativo a esta contratación.

Será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios