Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado, para a contratación dun servizo de formación en materia de prevención de riscos laborais en actividades do sector agrogandeiro e forestal, cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través do Programa de desenvolvemento rural sustentable: eixe 1, actuación 1.22.-CA.3 (expediente PA 1/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

c) Número de expediente: PA 1/2015.

2. Obxecto do contrato: xestión e realización de 45 cursos específicos de prevención de riscos laborais en actividades do sector agrogandeiro e forestal, na modalidade presencial, divido en 3 lotes, especificados no punto 6.

3. Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 30 de novembro de 2015. Este contrato non admite prórroga.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e multicriterio, documentalmente simplificada. Os criterios de adxudicación recóllense na cláusula 5 do PCAP.

5. CPA: 85.59.13. CPV: 80530000-8.

6. Orzamento máximo de licitación: 137.580 €. De conformidade co artigo 20.Un.9º da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, o servizo obxecto deste contrato está exento de IVE. O dito importe está cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 50 % a través do Programa de desenvolvemento rural sustentable: eixe 1, actuación 1.22.-CA.3.

Orzamento desagregado por lotes:


de lote

Tipoloxía dos cursos


de edicións

Importe/edición

Total

1

Curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola. Manexo práctico do tractor e os seus apeiros.

15

2.420 €

36.300 €

2

Curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal. Manexo práctico de motoserra e rozadoira.

15

3.850 €

53.280 €

3

Curso de prevención de riscos laborais en explotacións agrogandeiras.

15

3.200 €

48.000 €

Total

45

137.580 €

7. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación para cada un dos lotes.

8. Obtención de documentación e información: Subdirección Xeral de Administración e Persoal do Issga. Casa da Parra, praza da Quintana, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Tfno.: 881 99 93 31, fax: 881 99 94 33. Correo electrónico: issga.subdireccionpersoal@xunta.es

9. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22227

10. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberán xustificarse polos medios sinalados respectivamente na cláusula 4.3.7) e 4.3.8) do PCAP.

11. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: décimo quinto (15) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día sexa sábado ou inhábil, neste caso prorrogarase o prazo ao seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 4 do PCAP.

c) Lugar e forma de presentación: Rexistro Xeral do Issga, situado na Casa da Parra, na praza da Quintana, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Cando a documentación se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou correo electrónico. Esta notificación cursarase á Subdirección Xeral de Administración e Persoal do Issga referida no punto 8.

12. Apertura das ofertas: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, faranse públicas no perfil do contratante as convocatorias das mesas para a apertura dos sobres 2 e 3, que terán lugar en acto público na sala de xuntas da Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n (planta 0).

13. Gastos do anuncio: serán por conta dos/das adxudicatarios/as do contrato e imputaranse proporcionalmente ao orzamento de cada un dos lotes dos cales resultasen adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

P.S. (Orde 17.11.2014)
Patricia García Antelo
Subdirectora xeral de Administración e Persoal