Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo de mantemento e reparación de equipamentos informáticos (expediente AB-EIO1-14-009).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro (en diante TRLCSP), faise pública a formalización do contrato de referencia, coas características que se relacionan:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación, rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense. Teléfono 988 38 59 49. Rightfax: 881 54 70 69.

c) Número de expediente: AB-EIO1-14-009.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento e reparación de equipamentos informáticos da Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) Lotes: lote único.

d) CPV: 50312000-5 mantemento e reparación de equipamento informático.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG e perfil do contratante.

g) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE (28.10.2014), BOE (30.10.2014), DOG (6.11.2014) e perfil do contratante (28.10.2014).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 725.206,61 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 322.314,04 € (IVE excluído); importe IVE: 67.685,96 €; importe total: 390.000,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 11 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 9 de marzo de 2015.

c) Contratista: Ednon, S.L.; CIF: B36938009.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 306.195,00 €.

Importe IVE: 64.300,95 €.

Importe total: 370.495,95 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as detalladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante con data do 11 de febreiro de 2015.

Ourense, 11 de marzo de 2015

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras