De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 30 de marzo de 2015
Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo
ANEXO
Expediente: 27.079/2015.
Interesada: Frimel Melide, S.L.
NIF: B-70157219.
Acto notificado: acordo de iniciación do 6 de marzo de 2015.