Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14272

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (411/2014).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 411/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángeles Guerra Novo contra a empresa Confecciones Guerral, S.A., Texguesa, S.L., administración concursal de Confecciones Guerral, S.A., Fogasa, sobre despedimento, se ditou resolución, con data do 30.12.2014, contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Texguesa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de marzo de 2015

A secretaria xudicial