Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14273

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (374/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento oficio autoridade laboral 374/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra MSP La Goulla, S.L., se ditou auto, con data do 15 de xaneiro de 2015, cuxa resolución literalmente di:

«Parte dispositiva:

Acordo:

Considerar que a Tesouraría Xeral da Seguridade Social desiste da súa demanda fronte a MSP La Goulla, S.L.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos e déixese certificación no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da Lei de xurisdición social)».

E para que sirva de notificación en legal forma a MSP La Goulla, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de marzo de 2015

A secretaria xudicial