Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14269

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (67/2010).

Eu, Violeta Reboredo Otero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 67/2010 se ditou a presente sentenza, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentenza.

Ribeira, 24 de xaneiro de 2015

Vista por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, en audiencia pública, a presente causa de xuízo de faltas de lesións imprudentes do artigo 621.3º e 4ª do Código penal, en que foi parte denunciante Joaquín Ozores Vicente, coa asistencia da letrada Marta Díaz, e parte denunciada Marco Antonio Fernández Rodríguez, quen non compareceu, e como responsable civil a Aseguradora Caser, asistidos pola letrada Ángeles Tapia.

Fallo que debo condenar e condeno a Marco Antonio Fernández Rodríguez como autor dunha falta de lesións do artigo 621.3 do Código penal á pena de multa de trinta (30) días cunha cota diaria de 5 €, sendo a contía total da multa 150 €. En caso de falta de pagamento da pena de multa, de acordo co artigo 53 do Código penal imporáselle a pena privativa de liberdade de quince (15) días, que se pode cumprir en réxime de localización permanente. Condénase ao pagamento, de maneira solidaria coa entidade Caser, dunha indemnización por responsabilidade civil de 24.567,94 €. Dada a consignación efectuada por Caser da suma de 24.317,36 €, a cantidade que falta por aboar sería de 250,58 €. Así mesmo, condénase ao pagamento das custas procesuais.

Que debo condenar e condeno a aseguradora Génesis ao pagamento, de maneira solidaria con Marco Antonio Fernández Rodríguez, dunha indemnización por responsabilidade civil de 24.567,94 €. Dada a consignación efectuada da suma de 24.317,36 €, a cantidade que falta por aboar sería de 250,58 €. Así mesmo, condénase ao pagamento das custas procesuais.

Son de aplicación os xuros procesuais do artigo 576 da Lei de axuizamento criminal.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, e para ese efecto deberá presentarse no dito prazo escrito en que se expoñan as razóns en que se funde o recurso e que se deberá tramitar conforme o disposto nos artigos 790 a 792 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e sirva de notificación de sentenza a Marco Antonio Fernández Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

Ribeira, 2 de marzo de 2015

A secretaria xudicial