Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2015, do Servizo de Infraestruturas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e o pagamento dos depósitos previos dos bens e dereitos afectados polas obras da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, nos termos municipais de Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo (clave AC/10/140.01.75).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu punto 2º, a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 2 de outubro de 2008, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 223/2008, publicado no Diario Oficial de Galicia do 9 de outubro.

Con data do 16 de decembro de 2008, o director xeral de Estradas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto construtivo da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias.

Con data do 27 de outubro de 2009, a directora xeral de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto construtivo da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, desdobramento do treito Baio-Berdoias.

Mediante a Resolución do 10 de maio de 2011, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou o contrato de concesión de obra pública para a construción da obra vía de alta capacidade Carballo-Berdoias á sociedade Autoestrada Costa da Morte, sociedade concesionaria da Xunta de Galicia, Sociedade Anónima.

Con data do 19 de marzo de 2015, o director da Axencia Galega de Infraestruturas aprobou o documento técnico que inclúe modificacións do proxecto da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, e que leva implícita a declaración de utilidade pública e a urxente ocupación, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan a seguir co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Coristanco:

Lugar: Casa do Concello de Coristanco.

Data: 11 de maio de 2015, das nove horas trinta minutos ás trece horas, desde o A ata Lorenzo Martínez, José Antonio.

Data: 12 de maio de 2015, das nove horas trinta minutos ás trece horas, desde Lorenzo Rodríguez, Celia Elisa e 5 máis, ata o Z.

Termo municipal de Carballo:

Lugar: Casa do Concello de Carballo.

Data: 13 de maio de 2015, das nove horas trinta minutos ás once horas.

Termo municipal de Zas:

Lugar: Casa do Concello de Zas.

Data: 13 de maio de 2015, das once horas trinta minutos ás trece horas.

Termo municipal de Cabana de Bergantiños:

Lugar: Casa do Concello de Cabana de Bergantiños.

Data: 15 de maio de 2015, das nove horas trinta minutos ás once horas.

Termo municipal de Vimianzo:

Lugar: Casa do Concello de Vimianzo.

Data: 15 de maio de 2015, das once horas trinta minutos ás trece horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos de Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución. Poderán ir acompañados á súa custa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar), as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do regulamento da Lei de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu tamén efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para os termos municipais de Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo, con motivo das obras de referencia, o cal terá lugar:

Termo municipal de Coristanco:

Lugar: Casa do Concello de Coristanco.

Data: 18 de maio de 2015, das nove horas trinta minutos ás trece horas, desde o A ata Lorenzo Martínez, José Antonio.

Data: 19 de maio de 2015, das nove horas trinta minutos ás trece horas, desde Lorenzo Rodríguez, Celia Elisa e 5 máis, ata o Z.

Termo municipal de Carballo:

Lugar: Casa do Concello de Carballo.

Data: 20 de maio de 2015, das nove horas trinta minutos ás once horas.

Termo municipal de Zas:

Lugar: Casa do Concello de Zas.

Data: 20 de maio de 2015, das once horas trinta minutos ás trece horas.

Termo municipal de Cabana de Bergantiños:

Lugar: Casa do Concello de Cabana de Bergantiños.

Data: 21 de maio de 2015, das nove horas trinta minutos ás once horas.

Termo municipal de Vimianzo:

Lugar: Casa do Concello de Vimianzo.

Data: 21 de maio de 2015, das once horas trinta minutos ás trece horas.

No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O que se fai público, para xeral coñecemento, advertindo os interesados de que o pagamento se fará precisamente aos que figuren como donos da cousa ou titulares do dereito expropiado. Non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial ou do Consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, e deberán identificarse co documento nacional de identidade.

Así mesmo, comunícase que deberán comparecer o acto xuntando as escrituras de propiedade dos predios e o documento nacional de identidade.

A Coruña, 27 de marzo de 2015

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo de Infraestruturas da Coruña