Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de abril de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 41/2015 no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/60/2013, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol, en relación co procedemento ordinario 41/2015, interposto por Óscar Doce López e Mª Sonia Paz Vilariño contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/60/2013, pola que declara ilegalizables as obras executadas, consistentes na instalación dunha edificación de madeira, no lugar de Coto dos Barreiros, Castrillón, San Xurxo, concello de Ferrol, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázanse Antonio Villar González e Rosa Adriana Palmeiro Araya para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística