Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración e do servizo de instalación de equipamento de aula dixital para centros educativos no marco do proxecto Abalar, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 102/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 102/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de equipamento microinformático (kits de aula dixital) para os centros educativos públicos, o servizo de instalación, configuración e posta en marcha a nivel de usuario dos devanditos equipamentos, e o servizo de instalación e configuración de puntos de acceso a rede corporativa nas aulas dos centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no marco do proxecto Abalar.

b) División por lotes e número: si, 4.

c) Prazo e lugar de entrega:

Lotes 1 e 2: dous meses contados a partir da data de formalización do contrato.

Lotes 3 e 4: tres meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 9.221.465,00 €, máis 1.936.507,65 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 11.157.972,65 €, que se divide segundo os lotes:

Lote 1: ordenadores portátiles: 1.816.500,00 € + IVE (381.465,00 €) = 2.197.965,00 €.

Lote 2: kits dixitais: 4.396.700,00 € + IVE (923.307,00 €) = 5.320.007,00 €.

Lote 3: servizo de instalación do equipamento de aula dixital: 694.215,00 € + IVE (145.785,15 €) = 840.000,15 €.

Lote 4: servizo de instalación de puntos de acceso á rede corporativa nas aulas dos centros educativos: 2.314.050,00 € + IVE (485.950,50 €) = 2.800.000,50 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22374

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 18 de maio de 2015, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no apartado 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra k da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 8 de abril de 2015.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia