Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 30 de marzo de 2015 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (Ismael Sanmiguel Aguiar e cinco máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), logo dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos administrativos derivan do procedemento de axudas aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa (IN421G) cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Enerxético de Galicia, situada na rúa Avelino Pousa Antelo, núm. 5 (San Lázaro), en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Código
de solicitude

Interesado/a

Acto administrativo que se notifica

IN421G/15R2119

Ismael Sanmiguel Aguiar

Requirimento de emenda de defectos na solicitude

IN421G/15R1668

Calle Abad Feijoo

Requirimento de emenda de defectos na solicitude

IN421G/13R5574

Inés Rodríguez Iglesias

Requirimento de emenda de defectos na solicitude

IN421G/15R5507

Cándida Gonzales Carracelas

Requirimento de emenda de defectos na solicitude

IN421G/15R1044

Pura Sarmiento Vázquez

Requirimento de emenda de defectos na solicitude

IN421G/15R4098

Cádavo 49

Requirimento de emenda de defectos na solicitude