Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13916

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (814/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 814/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de María del Carmen Paz del Río contra a empresa Conde García, S.L., Juan Carlos Mella García, Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 172/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 814/2014

Demandante: María del Carmen Paz del Río

Letrado: Sra. Míguez Castelos

Demandado: Conde García, S.L.

Letrado: Juan Carlos Mella García

Fogasa.

Sentenza 172/2015

A Coruña, 16 de marzo de 2015

Resolución

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María del Carmen Paz del Río contra a empresa Conde García, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 32.862,68 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 54,68 euros/día.

3º. Considérase que a demandante desiste da acción exercida fronte a Juan Carlos Mella García.

4º. O Fogasa deberase ater ao establecido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña. Asinado.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Marta Yanguas del Valle. Asinado».

E para que conste e sirva de notificación a Conde García, S.L. e a Juan Carlos Mella García, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de marzo de 2015

A secretaria xudicial