Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-317/14.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da LO 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e do Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30.9.1996), e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles, desde a publicación, para exercer perante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma previstos no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avenida da Habana, 79, 2º, de Ourense.

Ourense, 23 de marzo de 2015

P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial da Delegación da Xunta en Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-317/14.

NIF: 44478023-W.

Denunciado: Roberto Estévez Domínguez.

Enderezo: r/ O Paxaro, nº 3, Ourense.

Establecemento: Dolce Vita; r/ O Paxaro, nº 3, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 301 €.