Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de mantemento e recuperación de sistemas pastorís na Mancomunidade Veciñal en Man Común de Moreira na parroquia de Donís, no concello de Cervantes (Lugo), promovida por esa consellería (expediente 2014/0078).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 15 de setembro de 2014 relativo ao proxecto de mantemento e recuperación de sistemas pastorís na MVMC de Moreira na parroquia de Donís, no concello de Cervantes (Lugo), promovida pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

Este informe pódese consultar no seguinte enderezo: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental