Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANP-CO-0124/2014-V e seis máis, por infracción da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, e da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal emprázanse aos interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 18 de marzo de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado por

ANP-CO-0124/2014-V

Alexandre García Cea

Proposta de resolución

Instrutor

CON-CO-0032/2014-V

Juan Manuel Mariño Díaz

Proposta de resolución

Instrutor

CON-CO-0034/2014-V

Alejandro Roura Labiaga

Proposta de resolución

Instrutor

CON-CO-0041/2014-V

Julia Rivas Mulas

Proposta de resolución

Instrutor

CON-CO-0047/2014-V

Carmen García Paz

Proposta de resolución

Instrutor

CON-CO-0053/2014-V

Manuel Canibe Santos

Proposta de resolución

Instrutor

CON-CO-0079/2014-V

Juan Fco. Sampedro Bretal

Proposta de resolución

Instrutor