Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre unha planta de almacenamento, clasificación e valorización de residuos de construción e demolición (RCD) no concello de Lalín (Pontevedra), promovida por Excavaciones Navicero, S.L. (expediente 2014/0079).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 12 de novembro de 2014 relativo a unha planta de almacenamento, clasificación e valorización de residuos de construción e demolición (RCD), no concello de Lalín (Pontevedra), promovida por Excavaciones Navicero, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental