Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto dun centro xestor de vehículos ao final da súa vida útil (VFU), na Portela, no concello de Mos (Pontevedra), promovida por Verissimo Lago Cars, S.L. (expediente 2014/0066).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 25 de setembro de 2014 relativo ao proxecto dun centro xestor de vehículos ao final da súa vida útil (VFU), na Portela, no concello de Mos (Pontevedra), promovida por Verissimo Lago Cars, S.L.

Este informe pódese consultar no seguinte enderezo http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental