Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/94-1).

Expediente: IN407A 2014/94-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: cambio de sección LMTS EIR-714, Barrio das Flores, Polígono de Elviña.

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. O 1.7.2014 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 194, do 10.10.2014 e no BOP núm. 185, do 29.9.2014.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

• Tramos de liña de media tensión soterrada EIR-714, Barrio das Flores, a 15/20 kV.

• Tramo I: cunha lonxitude de 0,855 km, coa orixe en cela existente no CT Amapolas 11 (expte. 26.795), en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 mm2 AL), e final en cela de liña existente no CT Bloque I UV4 Pol. Elviña (expte. 26.795), despois de realizar entrada e saída nos CC.TT. Margaritas 6 (expte. 26.795), Torre UV5 Pol. Elviña (expte. 26.795) e Garaxe UV5 Pol. Elviña (expte. 26.795).

• Tramo II: cunha lonxitude 0,043 km, coa orixe en cela de liña existente no CT Bloque 3 UV4 Pol. Elviña (expte. 26.795), en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 mm2 AL), e final en empalmes proxectados que se van realizar na LMTS EIR-714, no tramo entre o CT Bloque 3 UV4 Pol. Elviña (expte. 26.795) e o CT Matogrande 1 (expte. 8/95).

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 158.763,06 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar, perante esta xefatura territorial, unha solicitude á cal se xuntará da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1000, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 12 de marzo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña