Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13452

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1094/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1094/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Pablo Gómez Rodríguez contra a empresa Isalcor Valga, S.L., EXL Quintaglass, S.L., Estevan Crego Pedrido, Isidro Carro Lorenzo, Alicia Carro Lorenzo, Carpintería Metálica Tecre, S.L., Atesvi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Resin Suministros Valga, S.L., Exlabesa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2015.

O anterior oficio remitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, xuntando a vida laboral de Resin Suministros Valga, S.L., únase ás actuacións. Así mesmo, únase o exhorto que foi devolto cuberto polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Tendo quedado concluso o acto de xuízo, e á vista das alegacións realizadas polas partes e as cuestións suscitadas naquel que requiren un necesario pronunciamento logo da correspondente fundamentación xurídica con suspensión do prazo para ditar sentenza, acordo abrir un período de audiencia ás partes demandadas, polo prazo común de tres días para que presenten conclusións escritas en relación coa dilixencia final acordada.

Fágaselles saber ás partes que unha vez presentados os escritos de conclusións das partes demandadas ou transcorrido o prazo para facelo, daráselle traslado á parte demandante por igual prazo de tres días para que presente escrito de conclusións.

Fáiselles saber ás partes que, unha vez transcorrido o prazo de tres días que se lle outorgue á parte demandante, se iniciará o prazo para ditar sentenza, aínda que non se presentasen as alegacións, e pasaranse os autos á provente para o seu ditado.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, e deberá indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “30 social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 social-reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a EXL Quintaglass, S.L., a Estevan Crego Pedrido e a Carpintería Metálica Tecre, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

A secretaria xudicial