Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13444

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (281/2013).

Procedemento ordinario 281/2013

Procedemento orixe: xuízo verbal (recl. posesión bens h.) 281/2013

Sobre outros verbal

Demandante: Antonio Munín Sanjurjo

Procurador: José Paz Montero

Avogada: Patricia Soto Mirones

Demandados: José Ramos Castelao, María Ramos Castelao, Jesús Ramos Castelao

María José Couselo Vigo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento ordinario nº 281/2013, seguido por instancia de José Antonio Munín Sanjurjo contra José Ramos Castelao, María Ramos Castelao e Jesús Ramos Castelao, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2015.

Demandante: José Antonio Munín Sanjurjo.

Procurador: José Paz Montero.

Letrada: Patricia Soto Mirones.

Demandado: José Ramos Castelao (en rebeldía).

María Ramos Castelao (en rebeldía).

Jesús Ramos Castelao (en rebeldía).

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Antonio Munín Sanjurjo contra José Ramos Castelao, María Ramos Castelao e Jesús Ramos Castelao, e, en consecuencia, declaro que os terreos de concentración parcelaria da zona de Cacheiras-Recesende, números 656, 655 e 654, que aparecen inscritos, respectivamente, como terreos 32324, 32322 e 32320 do Rexistro da Propiedade de Padrón, son propiedade do demandante por teren sido adquiridos por prescrición extraordinaria, e que procede a cancelación dos asentos que consten no Rexistro da Propiedade de Padrón respecto dos citados terreos a favor de José, María e Jesús Ramos Castelao e a súa inscrición a favor de José Antonio Munín Sanjurjo, condenando os demandados a estaren e pasaren pola anterior declaración, con imposición de custas aos demandados.

Notifíquese ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que deberá interporse ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o día seguinte á notificación daquela. Para a interposición do devandito recurso, deberase demostrar a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acorda, manda e asina Raquel Fernández Rey, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Ramos Castelao, María Ramos Castelao e Jesús Ramos Castelao, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial