Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13443

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (257/2014).

Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial da Sección 3ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifica que na peza de apelación 257/2014 (dimana do procedemento ordinario 619/2009 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ponteareas), procedemento interposto por Construcciones y Obras Calvel, S.A., Inmobiliaria Cec-Trebol. Comunidade de Propietarios Residencial Gran Hotel de Mondariz Balneario contra Francisco Javier Echenique Gordillo, José Enrique Pérez-Arda Criado, Fernando Portela Tilve, Adriano do Carmo Fernández, Sociedad para el Desarrollo Sostenible de Mondariz, S.L., Manuel Carballo Pazos, Jesús Evelio Pesquera Barrigón, Cofely España, S.A., Evotec, S.L., Aluminios Justo, S.L. se ditou a sentenza 355/2014 en data 25.11.2014, estímase o recurso de apelación e queda o texto íntegro á disposición das partes na sede desta sección, rúa Rosalía de Castro, 5, 2º, Pontevedra.

A dita sentenza non é firme e contra ela poderán as partes lexitimadas interpor recurso extraordinario por infracción procesual ou ben de casación perante da Sala Primeira do Tribunal Supremo no termo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Os apelados Evotec, S.L. e Aluminios Justo, S.L. encóntranse en paradoiro descoñecido e expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2015

O secretario xudicial