Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución do expediente de reintegro da subvención concedida mediante Resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 30 de agosto de 2011.
Faise saber que o interesado disporá dun prazo de quince (15) días para que alegue ou presente os documentos que xulgue pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Recórdaselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015
Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación
ANEXO
Entidade: Centro de Iniciativas Turísticas Eumeturismo.
Enderezo: apeadoiro de Cabanas O Areal, s/n, 15621 Cabanas, A Coruña.
Nº de expediente: TR352A 2011/296-0.
Data da resolución do expediente de reintegro: 12 de febreiro de 2015.
Preceptos incumpridos: artigo 8.4 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro); artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cantidade que cómpre reintegrar: xuros de demora.