Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar (Agtamar).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Traballo Autónomo e Apoio ás Persoas Emprendedoras da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social están depositados os estatutos da Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar, da que se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: asistir, representar e defender os intereses dos seus membros.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todos aqueles traballadores autónomos e emprendedores de todos os sectores económicos, empresariais, industriais e de servizos que organicen o seu traballo por conta propia dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinantes da acta de constitución: Eduardo Abad Sabarís, Jesús Diéguez Méndez, Francisco Baños Losada e Reyes Casabella Mouta.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social