Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar se presentou a acta da asemblea xeral extraordinaria, onde se reflicte o acordo acadado o 10 de outubro de 2014, e que consiste na modificación dos estatutos da dita federación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: organizacións ou asociacións profesionais que teñan por obxecto a conservación, recuperación e mellora das razas de gando autóctono de Galicia en perigo de extinción.

– Asinantes: José Benito Gayoso González (presidente) e Lisardo López Blanco (secretario).

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social