Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13252

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (845/2014-M).

Xuízo verbal 845/2014-M

Procedemento orixe:

Sobre outros verbal:

Demandante: MGS Seguros y Reaseguros, S.A.

Procuradora: Antígona López Fernández

Avogada: María Pilar González Chaín

Demandado: Benigno Rodríguez Quiroga

Edicto.

María José Núñez Abeledo, secretaria xudicial, do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Lugo.

Anuncio.

Neste procedemento, seguido por instancia de MGS Seguros y Reaseguros, S.A. contra Benigno Rodríguez Quiroga, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

Lugo, 1 de decembro de 2014.

Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Lugo, dos desta localidade, os autos de xuízo verbal nº 845/2014-M sobre reclamación de cantidade, por instancia da entidade MGS Seguros y Reaseguros, S.A., representada pola procuradora Sra. López Fernández e asistida pola letrada Sra. González Chaín, contra Benigno Rodríguez Quiroga, en rebeldía.

Decido.

Que, estimando a demanda formulada pola entidade MGS Seguros y Reaseguros, S.A., representada pola procuradora Sra. López Fernández, contra Benigno Rodríguez Quiroga, en rebeldía, debo condenar e condeno o expresado demandado a aboar á parte demandante a cantidade de mil cento oitenta e sete euros con oitenta e cinco céntimos (1.187,85), máis os xuros legais incrementados en dous puntos a partir da presente resolución, con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non caber recurso de apelación, polo que devén firme.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia».

E encontrándose o citado demandado, Benigno Rodríguez Quiroga en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lugo, 20 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial