Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13254

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (183/2013).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifica que neste xulgado se tramitan autos de exequátur 183/2013, seguidos ante este xulgado entre partes, como demandante Jorge Martínez Garrido, representado pola procuradora Sra. Molist García e defendido polo letrado Miguel Rodríguez-Vila García e, como demandada, Gabriela Mª Kaselow Torres, e neles ditouse o seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza María del Carmen Salvador Mateos.

Vigo, 1 de decembro de 2014

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Parte dispositiva:

Acordo:

1. Estimar a petición de recoñecemento da resolución estranxeira exequátur, presentada pola procuradora Carmen Molist García en nome e representación de Jorge Martínez Garrido, fronte a Gabriela María Kaselow Torres, debo declarar e declaro recoñecida, válida e executable en España a sentenza ditada con data do 13 de agosto de 2009 polo Xulgado Segundo de Primeira Instancia no Civil, Mercantil e Bancario da circunscrición xudicial do Estado Carabobo, da República Bolivariana de Venezuela, que declara o divorcio.

Unha vez notificada esta resolución, anótese no Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio.

Contra a presente resolución non cabe interpor ningún recurso (artigo 956 da LAC 1881).

Así, por este auto, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar a dita demandada, Gabriela Mª Kaselow Torres, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 14 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial