Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 13113

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da subministración de carburantes, en estación de servizo, para os vehículos do parque móbil e maquinaria municipal.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación da subministración de carburantes, en estación de servizo, para os vehículos do parque móbil e maquinaria municipal, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da subministración de carburantes, en estación de servizo, para os vehículos do parque móbil e maquinaria municipal.

2. Duración do contrato: terá unha duración máxima de 32 meses. Trátase dun contrato plurianual que afecta tres (3) anualidades:

a) 2015: 8 meses, do 1 de maio ao 31 de decembro. 46.831,92 € sen IVE; o IVE ascende a 9.834,70 €, e 56.666,62 € IVE incluído.

b) 2016: 12 meses. 70.247,93 € sen IVE; o IVE ascende a 14.752,07 €, e 85.000,00 € IVE incluído.

c) 2017: 12 meses. 70.247,93 € sen IVE; o IVE ascende a 14.752,07 €, e 85.000,00 € IVE incluído. Se, por causas da licitación do contrato, na tramitación do expediente se demorase a adxudicación, a duración do contrato comezaría a computar desde a súa sinatura e, consecuentemente, a data da súa vixencia variaría respecto do reflectido no prego respectivo (do 1 de maio de 2015 ata o 31 de decembro de 2017).

3. Prezo de licitación: sinálase como orzamento máximo de licitación por ano (12 meses) 70.247,93 €, sen incluír o imposto sobre o valor engadido (en diante IVE); o IVE ascende a 14.752,07 € e o orzamento máximo de licitación por ano, co IVE, é de 85.000,00 €. O orzamento máximo de licitación ou valor estimado mentres dure o contrato é de 187.327,78 €, sen incluír o IVE; o IVE ascende a 39.338,83 € e o orzamento máximo de licitación durante o contrato, ou valor estimado co IVE, é de 226.666,61 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que se o prazo remata en festivo ou sábado se ampliará ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados nas cláusulas 8ª e 9ª dos pregos respectivos.

a) Criterio dependente de xuízo de valor: memoria de prestación da subministración. Ata un máximo de cincuenta (50) puntos. Para estes efectos, os licitadores deberán presentar unha memoria detallada das condicións en que prestarán a subministración e das instalacións onde se prestará o servizo, con indicación exacta da distancia da estación de servizo ao concello (casa do concello, km 0), computándose esta distancia a través de estradas maiormente utilizadas e no seu percorrido máis curto.

b) Dos anteriores cincuenta (50) puntos, vinte (20) puntos outorgaranse en función das condicións de prestación do servizo e das instalacións nas cales se prestará, e os restantes trinta (30) puntos outorgaranse conforme o seguinte baremo de distancia.

i. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 0 e 1 km: 30 puntos.

ii. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 1 e 2 km: 28 puntos.

iii. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 2 e 3 km: 26 puntos.

iv. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 3 e 4 km: 24 puntos.

v. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 4 e 5 km: 22 puntos.

vi. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 5 e 6 km: 20 puntos.

vii. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo roposta, entre 6 e 7 km: 18 puntos.

viii. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 7 e 8 km: 16 puntos.

ix. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 8 e 9 km: 14 puntos.

x. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 9 e 10 km: 12 puntos.

xi. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 10 e 11 km: 10 puntos.

xii. A unha distancia da casa do concello a estación de servizo proposta, entre 11 e 12 km: 8 puntos.

xiii. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 12 e 13 km: 6 puntos.

xiv. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 13 e 14 km: 4 puntos.

xv. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, entre 14 e 15 km: 2 puntos.

xvi. A unha distancia da casa do concello á estación de servizo proposta, de máis de 15 km: 0 puntos.

c) Prezo: expresarase nunha única porcentaxe de desconto que se aplicará a todos os tipos de carburante, respecto ao prezo do surtidor no momento da repostaxe. Valorarase ata un máximo de cincuenta (50) puntos.

7. Mesa de contratación: constituída o 2 de marzo de 2015 por Resolución da Alcaldía, de acordo co sinalado na cláusula 10ª dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Solvencias:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co artigo 75.1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público. Neste sentido os licitadores deberán presentar o volume anual de negocios, ou ben o volume anual de negocios no ámbito a que se refire o presente contrato, referido aos tres (3) últimos exercicios dispoñibles, por importe igual ou superior a 70.247,93 € sen IVE.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante unha relación de subministracións relacionadas co obxecto deste contrato, en contía igual ou superior a 210.743,79 €, sen incluír o IVE, realizados no curso dos cinco (5) anos anteriores á data finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación, que inclúa importe, datas e destinatario público ou privado dos contratos. Acreditarase mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; de ser o caso, estes certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente. No caso de non achegar para unha subministración da relación este certificado, coas precisións que se citan anteriormente, non computará para acreditar a solvencia técnica.

10. Garantías: provisoria: non se precisa. Garantía definitiva: do 5 % do importe total do orzamento máximo de licitación (187.327,78 €), excluído o IVE.

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es - perfil de contratante.

Sanxenxo, 6 de marzo de 2015

Catalina González Bea
Alcaldesa