Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 13117

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO polo que se convoca a contratación dos servizos de atención ao público en dependencias da Rede de museos municipais, por procedemento aberto.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura e Festas. Nº de expediente: 936-341.

2. Obxecto do contrato: descrición: atención ao público en dependencias da Rede de museos municipais.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous (2) anos.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 798.420,60 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo L, subgrupo 6, categoría c).

8. Presentación de ofertas: o prazo rematará aos quince (15) días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous (2) meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 19 de marzo de 2015

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación