De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo a proposta de resolución dos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da Lei orgánica 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e do Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro de 1996), e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.
Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avenida da Habana, 79, 2º, de Ourense.
Ourense, 16 de marzo de 2015
Marisol Díaz Mouteira
Jefa territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: OU-E-294/14.
CIF: 44499902-P.
Denunciado: Diego Suárez Cambeiro.
Enderezo: rúa Pombal, nº 22, Bande (Ourense).
Establecemento: Blanco y Negro, rúa Pombal, nº 22, Bande (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997.
Importe da sanción: 180 euros.
Número de expediente: OU-E-311/14.
CIF: B32424269.
Denunciado: Candelarios Vales, S.L.
Enderezo: rúa Abdón Blanco, 12, baixo, O Barco de Valdeorras (Ourense).
Establecemento: Bik Bok, rúa Abdón Blanco, 12, baixo, O Barco de Valdeorras (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997.
Importe da sanción: 300 euros.