Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar o emprazamento para trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal ao interesado (expediente OU-2012/00145).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación ao interesado que se indica a seguir sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, examinada a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito presentada de xeito individual polo outro membro da parella, e de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro, con esta data resolvo publicar por este medio o emprazamento para trámite de audiencia, co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense, para que poidan consultalo e formular as alegacións e xustificacións que consideren procedentes, durante un prazo de quince días desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

O que se notifica de acordo coa normativa antes citada.

Ourense, 5 de marzo de 2015

P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

Pasaporte

OU-2012/00145

Darluyn Mayovanex Infante Moreno

MD0309841