Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12989

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria: o programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020 (cofinanciado polo programa operativo FSE de Galicia 2007-2013 nun 80 %, no eixe 5: asistencia técnica do programa operativo FSE, tema prioritario 86).

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: FA24/2014.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21546

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria: o programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 234, do 5 de decembro de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cento oitenta e cinco mil novecentos cincuenta euros con corenta e un céntimos (185.950,41 €), IVE excluído.

b) IVE: trinta e nove mil corenta e nove euros con cincuenta e nove céntimos (39.049,59 €).

5. Formalización.

a) Data de adxudicación: 16 de marzo de 2015.

b) Data de formalización: 16 de marzo de 2015.

c) Entidade adxudicataria: Canal Uno de Comunicación, S.L., con NIF B36723450.

d) Importe de adxudicación: 185.950,41 euros (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda