Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12831

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (852/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 852/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Martínez Vázquez contra Alfa Instant, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña

Sentenza: 79/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: resolución contrato 852/2014

Demandante: José Luis Martínez Vázquez

Letrada: Sra. Mosquera Vaamonde

Demandada: Alfa Instant, S.A. e o Fogasa

A Coruña, 5 de marzo de 2015

Resolución:

1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato formulada por José Luis Martínez Vázquez fronte á empresa Alfa Instant, S.A. e, en consecuencia, declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o demandante e a empresa demandada, por causas imputables a ela, condenando esta a que aboe ao primeiro a cantidade de 23.003,09 euros en concepto de indemnización.

2º. Estimo a acción de reclamación de cantidades debidas e condeno as empresas demandadas a pagar solidariamente ao traballador, en concepto de salarios debidos, a cantidade de 6.355,98 euros.

3º. O Fogasa deberá pasar polo disposto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo do Xulgado do Social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Alfa Instant, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 5 de marzo de 2015

A secretaria xudicial