Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12828

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (235/2014).

Execución de títulos xudiciais 235/2014

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 246/2014

Sobre despedimento

Demandante: Juan Carlos Blanco Estévez

Demandados: Autogrand Prixescuela, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 235/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Blanco Estévez contra Autogrand Prixescuela, S.L., sobre despedimento, se ditaron resolucións cuxa parte dispositiva establece:

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Juan Carlos Blanco Estévez, contra Autogrand Prixescuela, S.L., parte executada, por importe de 67.583,84 euros en concepto de principal (65.607,89 euros corresponden á indemnización e 1.975,95 euros á liquidación) e 6.758,38 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as súas custas, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

a) Declarar o executado, Autogrand Prixescuela, S.L., en situación de insolvencia por importe de 67.583,84 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Notificarlle o despacho de execución e a declaración de insolvencia ao executado a través do DOG, posto que o local da entidade está pechado e sen actividade segundo comunica o Xulgado de Instrución número 4 de Cambados.

E para que sirva de notificación en legal forma a Autogrand Prixescuela, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de marzo de 2015

A secretaria xudicial